Mambrú volveu da guerra
Xerais, Vigo, 2023
Colección: Merlín
De 7 a 9 años. Teatro. Gallego.
80 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-1110-428-9
Resumen:
Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila hai moitos anos, pero non é quen de lembrar o seu nome nin como acabou nese lugar. Coa axuda da súa familia, a nena intentará recompoñer o crebacabezas para que o boneco poida atopar o seu lugar. (Información del editor)... Leer
Premio:
XXIII Premio SGAE de Teatro Infantil 2022
O neno de lume
Xerais, Vigo, 2022
Colección: Merlín
De 9 a 11 años. Relato. Gallego.
168 p.; 10x14 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-1110-084-7
Resumen:
Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres.Un novo universo literario de Ledicia Costas con aroma a conto clásico. (Información de la editorial)... Leer
Premio:
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2021
Xerais, Vigo, 2022
Colección: Merlín
De 10 a 12 años. Poesía. Gallego.
104 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-1110-207-0
Resumen:
A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación! (Información del editor)... Leer
Premio:
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2022, Selección Oepli 2022
Xerais, Vigo, 2017
Colección: Merlín
De 10 a 12 años. Novela. Gallego.
1ª ed., 1ª imp.; papel; ISBN: 978-84-9121-274-4
Resumen:
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa». (Resumen de la editorial)... Leer
Premio:
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017
Poemar o mar
Xerais, Vigo, 2016
Colección: Merlín
De 9 a 11 años. Poesía. Gallego.
72 p.; 14x25 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel; ISBN: 978-84-9121-018-4
Resumen:
El protagonista de estos versos es el mar. Un mar de lienzos, que ronca, que tiene trenzas, de cuartetos de olas, de sirenas poetas, de marineros soñadores, de poetas que conversan a la orilla del mar o veleros con forma de haiku. Se acompaña de magníficas ilustraciones a color en armonía con los bellos poemas. "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista. Obra en gallego.... Leer
Premio:
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017, Premio Fundación Cuatrogatos 2019
Xerais, Vigo, 2016
Colección: Merlín
De 12 a 14 años. Novela. Gallego.
184 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9121-102-0
Resumen:
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.... Leer
Premio:
Premio Merlín de Literatura Infantil 2016
Xerais, Vigo, 2015
Colección: Merlín
De 12 a 14 años. Novela. Gallego.
192 p.; 14x19 cm.; rústica; 4ª ed.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-944-8
Resumen:
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros. (Resumen de la editorial)... Leer
Premio:
Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Xerais, Vigo, 2014
Colección: Merlín
De 12 a 13 años. Novela. Gallego.
176 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-739-0
Resumen:
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. Información de la editorial.... Leer
Premio:
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2015, Premio Fervenzas Literarias al mejor libro infantil de 2014, Premio Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil en 2014, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, Lista de Honor IBBY 2016
Xerais, Vigo, 2013
Colección: Merlín
De 11 a 13 años. Novela. Gallego.
160 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-574-7
Resumen:
Buto nos relata la vida de su amigo Baltasar, un chico de 11 años que nació ciego y fue criado por sus tías bastante antipáticas y algo malvadas. Baltasar está dispuesto a hacer lo que sea para buscar a su padre.
Premio:
Premio Merlín Literatura Infantil, 2013
Xerais, Vigo, 2012
Colección: Merlín
De 12 a 14 años. Novela. Gallego.
160 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-441-2
Resumen:
La historia de Amadou, un niño que recorre con su familia la sabana africana en busca de agua y una vida mejor.
Premio:
Premio Merlín Literatura Infantil, 2012, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012, Premio Fervenzas a Mellor Portada de Infantil e Xuvnil, 2012, Lista de Honor IBBY, 2014