Xerais
Mostrando del 1 al 10 de 35 resultados.
Pág.  de 4. 
A balada dos unicornios
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
A balada dos unicornios
Xerais, Vigo, 2018
De 14 a 16 años. Novela. Castellano.
192 p.; 14x21 cm.; cartoné; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9121-405-2
Resumen:  A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Lazarillo 2017
Muriel
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Muriel
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Vigo, 2017
Colección: Merlín
De 10 a 12 años. Novela. Gallego.
1ª ed., 1ª imp.; papel; ISBN: 978-84-9121-274-4
Resumen:  A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa». (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017
Xa non estou aquí
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Xa non estou aquí
Xerais, Vigo, 2017
De 15 a 16 años. Novela. Gallego.
216 p.; 13x21 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9121-103-7
Resumen:  Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira. (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Jules Verne de Narrativa Xuvenil, 2016
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Pontevedra, 2016
Colección: Fóra de xogo
De 13 a 15 años. Novela. Gallego.
248 p.; 13x21 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9121-070-2
Resumen:  O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible. (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Lazarillo de Creación 2015
Poemar o mar
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Poemar o mar
Xerais, Vigo, 2016
Colección: Merlín
De 9 a 11 años. Poesía. Gallego.
72 p.; 14x25 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel; ISBN: 978-84-9121-018-4
Resumen:  El protagonista de estos versos es el mar. Un mar de lienzos, que ronca, que tiene trenzas, de cuartetos de olas, de sirenas poetas, de marineros soñadores, de poetas que conversan a la orilla del mar o veleros con forma de haiku. Se acompaña de magníficas ilustraciones a color en armonía con los bellos poemas. "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista. Obra en gallego....  Leer     
Premio:  Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017
Todo o tempo do mundo
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Todo o tempo do mundo
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Vigo, 2016
Colección: Merlín
De 12 a 14 años. Novela. Gallego.
184 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9121-102-0
Resumen:  Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades....  Leer     
Premio:  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016
Europa Express
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Europa Express
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Vigo, 2015
De 15 a 16 años. Novela. Gallego.
216 p.; 13x21 cm.; rústica; 2ª ed.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-943-1
Resumen:  Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria. (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Jules Verne de Narrativa Juvenil, 2015, Premio Fervenzas Literarias, 2015
Lendo lendas, digo versos
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Lendo lendas, digo versos
Xerais, Vigo, 2015
De 15 a 16 años. Poesía. Gallego.
168 p.; 14x22 cm.; rística; 1ª ed., 1º imp.; papel; ISBN: 978-84-9914-916-5
Resumen:  Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do... cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo» (G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas). (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Lista de Honor IBBY 2018, Premio GAL Gallego del Libro 2016
Nena e o mar
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Nena e o mar
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Vigo, 2015
Colección: Merlín
De 12 a 14 años. Novela. Gallego.
192 p.; 14x19 cm.; rústica; 4ª ed.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-944-8
Resumen:  Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros. (Resumen de la editorial)...  Leer     
Premio:  Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Escarlatina, a cociñeira defunta
Comprar libro en [Casa del Libro]  Comprar libro en [IberLibro]
Escarlatina, a cociñeira defunta
Proyecto de Lectura (nueva ventana)
Xerais, Vigo, 2014
Colección: Merlín
De 12 a 13 años. Novela. Gallego.
176 p.; 14x19 cm.; rústica; 1ª ed., 1ª imp.; papel + digital; ISBN: 978-84-9914-739-0
Resumen:  Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. Información de la editorial....  Leer     
Premio:  Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2015, Premio Fervenzas Literarias al mejor libro infantil de 2014, Premio Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil en 2014, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, Lista de Honor IBBY 2016
Mostrando del 1 al 10 de 35 resultados.
Pág.  de 4.